Monday 29 de April de 2024

Touro programa unha semana de actividades para os máis pequenos para celebrar o Samaín


O Concello de Touro xa ten programadas as actividades que se celebrarán ao longo desta semana para que os máis pequenos participen no Samaín. O Concello de Touro lembra que é unha das datas sinaladas no calendario, “onde os misterios e os sorrisos van da mán”. As actividades programadas polo Concello de Touro comenzan mañá martes, 26 de outubro, cun obradoiro para principiantes adicado á moda outono-inverno. Leva por título ‘Mestrado da costura’ e comenzará a partir das 17.00 horas na Casa da Cultura. Xa o xoves, día 28 de outubro, está previsto o ‘Masterchef de medo’. Á mesma hora e no mesmo lugar. E o domingo, día 31 de outubro, está prevista a actividade da ‘Casa do Terror’. Será unha xuntanza na Casa da Cultura, onde as máscaras e as distancias de seguridade non serán impedimento para gozar da música nesta gran noite de Samaín. Os obradoiros adáptanse ás esixencias marcadas pola pandemia do Covid19.